Blog do Equipo de
Dinamización Lingüística do CEIP Isidro Parga Pondal
mércores, 1 de abril de 2020
ADIVIÑA MES DE MARZO
Teño oito patas grosas
cheas de ventosas
arrolado polas ondas
paseo entre as rochas.
(O polbo)
luns, 2 de marzo de 2020
Na semana da poesía recitamos poemas de Rosalía de Castro en cadea, cada neno/a dunha clase ía contándollo a outro e así sucesivamente. Tamén fixemos este precioso mural.