domingo, 7 de decembro de 2014

CONCURSO DE ADIVIÑAS
O concurso de adiviñas estase a poñer moi animado. Do mes de novembro temos xa moitos gañadores/as.
Animádevos! Tedes no taboleiro a adiviña de decembro.
Felicitamos aos nenos e nenas de 1ºA polo seu interese e bo facer.

Gañadores de novembro. Solución á adiviña: O ourizo
Paula, 5º A.                                Marta, 1ºA
Sara Martínez, 1ºA                    Álvaro Villares, 1ºA
Iago Andrade, 4º B                    Valeria Martínez, 1ºA
Martina Raña, 1ºA                     Blanca, 1ºA
Alicia de los Palos, 4ºB             Mateo Fernández, 1ºA
Hugo Sierra, 1ºA                       Martina Fernández, 1ºA
Lucas Santos, 1ºA                     Catalina, 1ºA
Sofía Canedo, 1º A
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2014.

Realizaremos este concurso por aulas. Cada aula debe seleccionar
dúas postais que se expoñerán no taboleiro da entrada.
De entre estas postais escolleremos o texto máis orixinal e creativo
para leval ao prelo

martes, 14 de outubro de 2014

¿Queredes lembrar o pasado Samaín? Aquí tedes unha escolla das fotos do anterior curso escolar.

Samaín on PhotoPeach

Fai click na imaxe,  atoparás unha páxina con moita información do Samaín ( Outeiro de Matilda)





Nesta páxina tes tamén boas ideas.

luns, 12 de maio de 2014


http://www.realacademiagalega.org/letras-actual

Día das letras galegas 2014.                      
Xosé María Díaz Castro.
Se queres consultar a súa biografía
pica na foto.

Temos tamén algunhas cancións a partir de poemas do autor como esta do IES Poeta Diaz Castro de Guitiriz. Por favor, pica na foto para escoitala.

 https://www.youtube.com/watch?v=pB_CqdDIbgU

 Ou estoutra de Paco Nogueiras Nodal.

Miniatura

luns, 17 de marzo de 2014


Isidro Parga Pondal procedía de dúas familias da burguesía galega de gran sona, preocupadas polo país. Era sobriño neto do vate Eduardo Pondal e neto do médico hidrólogo Isidro Pondal Abente por parte materna, e pola outra era neto de Salvador Parga Torreiro, catedrático de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e senador, e fillo de José Parga Casal, doutor en Dereito pola USC. Fixo os seus estudos de bacharelato en Santiago de Compostela e a carreira de química na Universidade de Madrid, rematando a licenciatura en 1922.
En 1923 obtivo praza de profesor auxiliar de Química inorgánica e Analítica na Facultade de Ciencias de Santiago. Porén, aparecen os seus primeiros traballos sobre xeoquímica, publicados na revista do Seminario de Estudos Galegos, nado recentemente e do que é membro. Realizou estudos de doutoramento en Zúric, voltando no 1933 a Santiago. Coa creación do Laboratorio de Xeoquímica da Universidade de Santiago de Compostela, comezou as súas investigacións sobre Galicia e formou os primeiros xeoquímicos españois. En 1934 rematou a súa tese de doutoramento obtendo a cualificación de sobresaliente cum laude na Universidade de Madrid. Ó comezo da Guerra Civil foi purgado do seu posto de profesor, retirouse a Laxe e creou unha empresa mineira para a explotación do caolín. Mais tarde creou o Laboratorio Xeolóxico de Laxe. En 1945 colaborou co Instituto Xeolóxico e Mineiro de España e en 1954 comezou a colaborar coa Universidade de Leiden, facéndoo despois coa de Montpellier, Estrasburgo, Zúric, Munster e Lisboa. Foi premio Ramón Mourente no 1958.