mércores, 22 de xuño de 2016

FIN DE CURSO EN 1ºA

O alumnado de 1ºA de Educación Primaria deséxanos un bo verán cunha canción en galego moi especial:




RESPOSTA DA ÚLTIMA ADIVIÑA DO CURSO E...GAÑADORES!

Este mes de xuño foi o mes de maior número de participantes no concurso de adiviñas e tamén de acertantes, parabens!




martes, 21 de xuño de 2016

PANDERETEIRAS E CANTAREIRAS DE 2ºA

Alumnas do grupo de 2ºA de Primaria animáronse a cantar e tocar a pandeireta de forma espontánea nunha das clases de Carmen, deixárannos abraiados! mirade!


venres, 10 de xuño de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Como sabedes, o pasado 20 de maio festexamos as Letras Galegas no noso Centro.

Realizamos moitos obradoiros; cestería, barro, xoiaría, puzzle xigante... pero un dos que máis acollida tivo entre o noso alumnado foi o de pintar slogans nas camisetas! se as queredes ver soamente teredes que clicar na seguinte imaxe, ademáis deste obradoiro tamén poderedes disfrutar dunha muiñeira interpretada por Samuel de 1ºA.


xoves, 2 de xuño de 2016

RESPOSTA Á ADIVIÑA DO MES DE MAIO E GAÑADORES DO MES!



Moitas grazas a todos por participar!!! a adiviña deste mes trouxo consigo novos concursantes, alégranos moito que cada vez vos animedes máis a participar, seguide así!
(Lembrade que soamente se aceptan as respostas escritas en galego.)