mércores, 22 de xuño de 2016

FIN DE CURSO EN 1ºA

O alumnado de 1ºA de Educación Primaria deséxanos un bo verán cunha canción en galego moi especial:




RESPOSTA DA ÚLTIMA ADIVIÑA DO CURSO E...GAÑADORES!

Este mes de xuño foi o mes de maior número de participantes no concurso de adiviñas e tamén de acertantes, parabens!




martes, 21 de xuño de 2016

PANDERETEIRAS E CANTAREIRAS DE 2ºA

Alumnas do grupo de 2ºA de Primaria animáronse a cantar e tocar a pandeireta de forma espontánea nunha das clases de Carmen, deixárannos abraiados! mirade!


venres, 10 de xuño de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Como sabedes, o pasado 20 de maio festexamos as Letras Galegas no noso Centro.

Realizamos moitos obradoiros; cestería, barro, xoiaría, puzzle xigante... pero un dos que máis acollida tivo entre o noso alumnado foi o de pintar slogans nas camisetas! se as queredes ver soamente teredes que clicar na seguinte imaxe, ademáis deste obradoiro tamén poderedes disfrutar dunha muiñeira interpretada por Samuel de 1ºA.


xoves, 2 de xuño de 2016

RESPOSTA Á ADIVIÑA DO MES DE MAIO E GAÑADORES DO MES!



Moitas grazas a todos por participar!!! a adiviña deste mes trouxo consigo novos concursantes, alégranos moito que cada vez vos animedes máis a participar, seguide así!
(Lembrade que soamente se aceptan as respostas escritas en galego.)










mércores, 4 de maio de 2016

RESPOSTA Á ADIVIÑA DO MES DE ABRIL E GAÑADORES!

Ola rapaces e rapazas! este mes fóstedes moitos os participantes, cada vez animádesvos máis e iso alégranos moito!
A continuación amosámosvos a resposta á adiviña e os nomes dos compañeiros e compañeiras que a acertaron.
Aproveitamos para recordarvos que soamente se aceptan as respostas que estean escritas en galego.
Coma sempre, moitísimas gracias por participar!




mércores, 9 de marzo de 2016

ADIVIÑA DO MES DE FEBREIRO

Ola compañeir@s! como sabemos que vos gustan moito as adiviñas de animais, este mes traémosvos outra moi divertida.
Aproveitamos para lembrarvos que debedes pensar ben a resposta xa que hai que escribila en galego.



martes, 1 de marzo de 2016

RESPOSTA DA ADIVIÑA DO MES DE FEBREIRO E GAÑADORES!

A adiviña do mes de Febreiro era moi difícil, pero aínda así fóstedes moitos os participantes, moitas grazas a todos! continuade así!
E para os despistados...recordade que as respostas deben de escribirse en galego.


luns, 22 de febreiro de 2016

ADIVIÑA DO MES DE FEBREIRO

Como sodes uns expertos adiviñadores...este mes propoñémosvos unha adiviña moi difícil! a ver se sodes quen de acertala!


luns, 1 de febreiro de 2016

RESPOSTA E GAÑADORES DA ADIVIÑA DO MES DE XANEIRO

Este mes foron moitos os participantes no concurso de adiviñas, alégranos moito!!!
Moitas grazas a tod@s!!


mércores, 27 de xaneiro de 2016

CALENDARIO-REFRANERO

A continuación podedes ver o calendario refranero do 2016 realizado polo alumnos do CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal.