Blog do Equipo de
Dinamización Lingüística do CEIP Isidro Parga Pondal
venres, 1 de novembro de 2019
ADIVIÑA MES DE OUTUBRO
Dous irmanciños,
moi igualiños,
e cando chegan a vellos
abren os olliños.
(Os zapatos
ou calcetíns)
martes, 1 de outubro de 2019
Dámoslle a benvida ao outono con este mural
O título desta actividade é "As árbores que escoitan".Unha actividade que propoñemos dende Dinamización lingüística con grande aceptación por parte de todos. Por cursos os rapaces ían colocando palabras, poesías, rimas e frases en galego.
A continuación amosámosvos a decoración do centro para estas datas así como as cabazas que participaron no concurso deste ano, moitas grazas aos participantes!
Alumnas do grupo de 2ºA de Primaria animáronse a cantar e tocar a pandeireta de forma espontánea nunha das clases de Carmen, deixárannos abraiados! mirade!