ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ESTARÁ ADICADO A XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
O escritor e historiador pontevedrés é autor dunha extensa obra de carácter divulgativo que o converte nunha das figuras centrais da cultura galega do século XX.
Xosé Filgueira Valverde.
Escritor prolífico e dotado dunha grande erudición, a súa inxente produción abrangue unha ampla diversidade de temas, tratados sempre con gran rigor intelectual, entre os que salientan as súas achegas á nosa historia e etnografía, así como ao estudo da literatura galega medieval. Firmemente comprometido na defensa e promoción da nosa cultura, o legado intelectual de Filgueira Valverde constitúe, pola súa amplitude e calidade, un dos máis importantes da segunda metade do século XX.
Ningún comentario:
Publicar un comentario